O cego dos monifates

A compañía de maese Seisdedos, cego e monicrequeiro ambulante, realiza as súas representacións usando a técnica tradicional do bululú galego na que o “lazarillo” manipulaba os bonecos oculto na capa do cego que tocaba a zanfona.

Representará contos medievais (Joan de Timoneda, Lope de Rueda,…) e populares; romances históricos (A nau Catrineta, D. Martiño,…); romances de cego (Crime de Caldas,…); pequenas pezas teatrais, cancións tradicionais (O sacristán de Coimbra,…). Contos e narracións da literatura galega (Can branco, can negro de M. Victoria Moreno)….

Nestas representacións reflíctese sempre a dinámica clásica de picaresca e enganos entre cego e lazarillo. Incorpóranse ademáis a este espectáculo algúns bonecos tradicionais xa desaparecidos para realizar algúns sketchs nos que prima a participación do público con danzas e cancións.

É un espectáculo especialmente deseñado para representar en feiras, mercados, festexos medievais, etc.

Actores-Manipuladores: Anxo García e Fran Lareu
Interpretación Musical “Zanfona”: Anxo García
Construción de titeres: Anxo García.

Descargar ficha