“Unha voda moi singular”
A señora marquesa e o señor conde casan na praza da vila, non faltarán os padriños nin o cura nin as testemuñas. Estades todos e todas convidados á festa. Poñede as mellores roupas e aproveitade ben día.
“A caza do crocodilo”
O crocodilo escapa do circo e o seu domador intentará levalo outra vez para a casa. Cómprelle axuda para collelo, estade ben atentos¡¡¡
Todo isto e moito máis a ritmo de festa, onde a maxia dos cabezudos e o presentador Zancudo mesturanse coa música interpretada polos músicos de rúa
Texto: Viravolta títeres
Actores-Manipuladores: Luis Iglesias e Pilar Álvarez
Interpretación musical: Anxo García, Xulio Balado, Fran Lareu
Zancudo: Pepablo Patiño