Vida, crimes e prisión de Toribio de Mañón

Recreación con formas do teatro popular, onde se contan as andanzas que lle deron sona a Mamede Casanova “Toribio de Mañón”, famoso bandoleiro galego de principios do século XX, e que levaron os seus ósos o cárcere.

Nestas andanzas inspirouse Ramón María del Valle-Inclan para escribir a súa obra “Las galas del difunto.

Texto: Viravolta títeres, Luz Méndez
Manipulación: Pilar Álvarez e Xulio Balado
Interpretación musical:  Xulio Balado