Dona Cegoña cansa de tanto ir e vir entregando encargos polo mundo, solta nun galiñeiro galego un paquetiño azul que levaba no seu pico, e que tiña como destino… ¡Africa!; isto non é do agrado dos pitiños do galiñeiro que non queren un estraño na súa casa e intentarán de todas as maneiras posibles botalo de alí. Pero as cousas vanse complicar cando aparece Dona Raposa … ¡quere merendar!
Texto: Viravolta títeres
Música : Beatriz Rodriguez
Iluminación: Xulio Balado
Manipulación: Pilar Álvarez, Xulio Balado, Anxo García
Interpretación musical: Beatriz Rodríguez (violín)