Todos ao balcón

Todos o balcón!!  trata de recoller a tradición do teatro de títeres popular europeo. Nun retablo como os que se contemplaban nas festas e feiras que achegaban a través da cachiporra  a crítica ao poder tanto eclesiástico como civil. Viaxamos pola cultura europea. A cachiporra que é unha parte máis do corpo Pulcinella, personaxe da Commedia dell’Arte  que se extende por toda Europa emparentando ao Punch inglés, o Guignol francés, o Kasparek checo co Don Cristóbal español, o Pericu catalán, o Dom Roberto portugués… e o Barriga Verde galego.

En Todos o balcón! aparecen  os arquetipos que recorren o teatro de monicreques popular. O  Padre (cura) , Don Acacio (o indiano retornado), Paulino (policía),  Teódulo (alcalde, representante da autoridade), Veleutina (a moza)…

Tanto os diálogos como as accións móvense en tempo allegreto nun pequeno retablo de marionetas de luva e nunha estilizada escenografía.

APUNTES DIDÁCTICOS

Descargar ficha

Unidade didáctica

Dossier en Español