Cocer e cantar

cocer-e-cantar

Dous músicos metidos a cociñeiros… deciden facer unha sopa de cocido solidaria para repartir entre o público.
Un pequeno erro de interpretación na receita provoca que o resultado sexa unha riquísima sopa de música, cantigas e contos, na que atoparemos tropezóns como o gato do romance, unha ratiña moi presumida e todos os seus pretendentes, os habitantes dun galiñeiro moi peculia e ata unha parella moi especial.