Paxaro de lume

Títeres de vara con música en directo para  trío de piano, violín e clarinete*, baseado na obra de Stravinski.

O príncipe Iván quere remediar a tristura na que vive o seu pai desde o día no que o paxaro de lume co seu canto abandonou o xardín real. Iván suplícalle ao Rei que o deixe ir na súa busca e na dos seus irmáns que un día tamén partiron para prendelo e nunca regresaron.

Este espectáculo representase nun teatriño inspirado nos espectáculos de marionetas do barroco. A presenza dos músicos na escea subraia e reforza as accións dramáticas dos títeres.

* Pódese representar con banda de música.

Texto: adaptación dun conto popular ruso realizada por Viravolta títeres
Música : adaptación de Ermitas García Ríos a partir do “Paxaro de lume” de Igor Stravinsky
Deseños: Leandro Lamas
Manipulación: Pilar Álvarez, Xulio Balado, Anxo García
Interpretación musical:  Beatriz Rodríguez (violín),  Mariola Gil (clarinete), J . Manuel Yáñez(piano)

ficha_paxaro_de_lume

Descargar ficha