A nena que rega a alfabaca e o príncipe preguntón

Un clásico do teatro de marionetas popular. Unha representación  de “A nena que rega a alfabaca e o príncipe preguntón”; tal e como nos chegou nas lembranzas da máxica velada do seis de xaneiro de 1923 na que Federico García Lorca, Manuel de Falla e Hermenegildo Lanz agasaiaron a familia e os veciños na casa do poeta. 

Un retablo, unha guitarra e títeres de luva para contar os namoramentos da falangueira filla do zapateiro e un príncipe sabichón. 

Nena, nena que regas a alfabaca,
cantas folliñas ten a mata?