Proxecto beneficiario do programa O teu Xacobeo
Cómicos da legua é un espectáculo que achega as formas tradicionais da arte escénica popular europea que viaxaron a través das peregrinaxes, desde a Idade Media ata a actualidade . Un cóctel de bonecos, música e actor para un espectáculo ambulante que convirte prazas e rúas en “corral de comedias” e teatros.
A través das formas do bululú (cego e lazarillo) e do ñaque (músico e titiriteira) en breves episodios dramáticos convídase o público a gozar cos personaxes do universo da picaresca e da literatura do cordel.
Teatriño de títeres e músico (ñaque)
Os bonecos de Pinturillas e as interpretacións musicais de Lotario salientan as andanzas do ben intencionado Toribio de Mañón que deron cos seus osos no penal.
Uns feitos cantados polos cegos nas feiras e mercados que viaxaron en follas voandeiras ata a pluma de Ramón Mª del Valle Inclán
Cego e lazarillo (bululú galego)
Maese Seisdedos na compañía do seu lazarillo, Matapitos, reclaman a benevolencia do respectado público para intercambiar cancións, romances, ditos… por cálidos aplausos
A música da zanfona; a mestría do manipulador dos bonecos oculto tras a vasta capa ; o baile dos bonecos na planchette rescatan para o público os divertimentos que animaban as rúas e prazas, levando no seu cómico xogo a cultura europea máis popular.
CALENDARIO:
2 de outubro, 12:30 h.
Monforte de Lemos. Praza de España
5 de outubro, 12:30 h.
Silleda. Praza Juan Salgueiro
19 de outubro. 12:30/18:30
Lalín. Praza da Torre. En caso de chuvia Museo Ramón Aller
23 de outubro. 18:o0
Rodeiro. Casa da Cultura
23 de outubro. 20:o0
Cea, rúas e Multiusos
26 de outubro. 12:00
Vilamartín de Valderorras. Rúas
26 e outubro. 13:30
A rúa de Petín. Praza do Concello
26de outubro. 18:00
Quiroga. Rúas
DESCARGAS