Unha combinación de títeres de mesa e luz negra con música de trío para piano, violín e clarinete.
Icía e Salterio, xogando estragan a caixa de música de Calderón, o vello músico que toca na praza. Apesarada, Icía buscará o xeito de arranxala topando uns habilidosos personaxes, Zaracruso e Alterego, que lle poden prestar “gran axuda”.
Texto: Viravolta títeres
Música: Ermitas García Ríos
Deseños: Leandro Lamas
Manipulación: Pilar Álvarez, Xulio Balado, Anxo García
Interpretación musical:
Beatriz Rodríguez (violín), Mariola Gil (clarinete), J. Manuel Yáñez (piano)