Xunto con algúns números de marionetas tradicionais no que os espectadores participan cantando e danzando, preséntanse o conto popular “O Galo Quirico”. Unha posta en escena con marionetas e teatriño de cartón, formato de espectáculo recuperado pola compañía para esta ocasión e con música en directo, interpretada polo acordeonista Carlos Quintá.