O frautista de Hamelin

Este espectáculo musical de rúa está baseado no conto popular “O frautista de Hamelín”.

Un grupo de ratos aparecen na vila alterando a rutina, facendo trasnadas e xogando con nenos e adultos. A solución a este caos está nos sons do instrumento do frautista que iniciará unha melodía que atraerá aos ratos que terminarán acompañando cos seus instrumentos ao frautista.

É un espectáculo de rúa musical, onde se mestura o típico pasarruas de sons populares galegos, con sketchs teatrais de interacción co público.

Os actores / músicos de este espectáculo tocan gaita e frauta, acordeón, bombo e tamboril.

Actores-Músicos:
Antonio Taboada: frauta, gaita
Carlos Quintá: Acordeón
Fran Lareu: Percusión
Marta Mouriño: Percusión

Vestiario: Carmen Rodriguez Mouriño
Construcción de Cabezudos: Anxo García.