O circo de Don Attilio chega á vila!, A pista xa está montada na praza… O público agarda expectante a que comece o espectáculo…
Cando…
Tatatachán! Por fin! Toni Bombillo, estrela do circo, poderá ver a súa amada María, a filla de Don Próspero, preboste do Barrio alto!
Pero estes amores son imposibles, “onde se viu que unha marioneta de luva fina e acomodada se xuntase cunha marioneta de mesa pobre e ambulante?” dirán todos.
Ao final o amor sempre triunfa e as autoridades non serán quen de separar aos namorados.
Texto: Viravolta,
Manipulación: Pilar Álvarez, Julio Balado, Anxo García