Bitácora dos Cómicos da Legua: Silleda, 5 de outubro

Proxecto “Cómicos da Legua” beneficiario do programa O teu Xacobeo

 

A douta sabedora dos nomes dinos que  o nome de Silleda non se sabe de onde provén. Crese, de seguro que ben crido,  que é de orixe prerromana e hai autores que pensan que é un fitotopónimo (que fai referencia á abundancia dunha planta) e outros un hidrotopónimo (que fai referencia a auga). Augas e prantas… que máis para vivir unha vida boa?

Que a Sobreira de Siador, 600 anos arriba ou abaixo, nos dea sombra e reparador descanso… e rollas para selar as garrafas de viño e non desperdiciar gota!

Desde a Idade Media os pés que fixeron e fan  este camiño pisan nas pontes que tellan nalgún paso ó río Deza. Os Cómicos da legua non ían ser menos, con abundancia deixan pisaduras na Ponte Taboada e na Ponte do Demo.

 

A Ponte Taboada – di a sabedora  que o nome ven de  Pons Tabulata –  cunha pedra labrada  que dicía ben dito LABORAVERUNT ISTAM POMTEM ERA DCCCL FUIT PREFECTA PRIDIE KALENDAS ABPRILIS (labraron esta ponte na Era 950 e rematouse o 31 de marzo) e que atura gozosa os pasos de peregrinas e peregrinos a Santiago de Compostela… Así sexa polos séculos vindeiros!

A Ponte do Demo, no Mosteiro de Carboeiro onde entre as  follas -do cerquiño; espiño ; carballo; érbedo; hedra; xilbarbeira; escambrón; salgueiro; ameneiro; uz branca; pereira silvestre; xesta; toxo; o fento real; castiñeiro; loureiro; sobreira; abeleira; dentabrún; pradairo, sabugueiro e a estruga- andan as voltas e viravoltas  as augas do río Deza, o Pela Patacas,  o Demo,  o frade Ramón e o salterio de San Cipriano… Amén!

 

Tras o espectáculo do bululú e do ñaque,  as almas piadosas e as impías saben que os cómicos precisan de  bon xantar  acompañado de contos, lendas e cantigas.  Sucedeu que entre doces rosquillas, estes iletrados camiñantes souberon dun conto arrepiante e outro pícaro. Os  da triste historia do Xil, o  do Penedo de Penouxil,  e o  do astuto Pela Patacas.

A saber!

Un malandrín chamado Xil intentou roubar a un peregrino e no forcexo matouno. Axiña o prenderon e condenárono a ser aforcado desde ese penedo. E alí morreu aforcado!,  cando a xente pasaba por ese lugar dicían: “Este é o penedo onde penou Xil”. Outros din que se chama así porque un día pasou por alí un peregrino. O Xil que andaba por alí, viu que levaba cartos e quíxollos quitar.  O home botouse a durmir e Xil aproveitou para roubalo, momento no que o peregrino espertou. Xil tapoulle a boca e afogouno. Os veciños déronse conta, mataron a Xil e deixarono alí morto durante días para que a xente escarmentara.

 

Mosteiro de Carboeiro

 

Pela Patacas

No convento de Carboeiro, din que vivían padres xesuitas. Doce padres e un cociñeiro alcumado o Pela Patacas. O pozo da auga estaba retirado do convento e ir a ela era un arduo traballo. O Pela Patacas pediulle ó Padre Superior que abrira un pozo ó pé do convento; O Padre respostóu que había que pedir permiso o Rei, isto era moi complicado. Tanto insistiu Pela Patacas que o Padre foi pedir o Rei.

O Rei.-  Para abrir ese pozo fai falta que respondas a tres preguntas. Canto valgo como rei?, Cantos quilómetros  hai de aquí o ceo?, En que estou pensando neste momento?

O Padre partiu asustado, isto é imposible, moi difícil  e así o contou no mosteiro.

Pela Patacas .- Non hai problema algún, deixeme ir, présteme o seu hábito e cartos. Mañá saio

Presentouse ó Rei

Rei.- Que queres?

Pela Patacas.- Veño contestar as preguntas para que me dea permiso para abrir o pozo

O Rei (botándose a rir) .- Moi ben, pois escoita. Canto podo valer como rei?

Pela Patacas.- Pois se Xesuscritsto sendo rei do ceo e da terra foi vendido por trinta moedas, vostede sendo rei da Terra pode valer vinte e oito.

O Rei (sorprendido).- Moi ben, douche a razón. Ben, pois outra pregunta. Cantos quilómetros  hai de aquí o ceo?

Pela Patacas.- Hai dous billóns de quilómetros

O Rei.- Iso non é verdade

Pela Patacas.- Si que é verdade, e se nón está conforme mídaos vostede

O Rei (sorprendido).- Ben, ben, doucho por certo, porque eu non os podo medir… Agora ven a díficil. En que estou pensando neste momento?

Pela  Patacas.- Meu Rei, vostede neste momento está pensando que está falando co Padre Superior do Convento de Carboeiro.

O Rei.- Iso é verdade

Pela Patacas (desnudouse).- Eu son o Pela Patacas, que non son o Padre Superior

O Rei (sorprendido).- Pois desta enganáchesme;  acertaches todo o que che preguntéi. Toma o permiso para abrir o pozo. Dende agora o Pela Patacas vai ser o Padre Superior e o Padre Superior vai ser o Pela Patacas

[Lenda de Carboeiro, contada por Manuel Troitiño e recollida por Lara Rodríguez Troitiño]

Os cómicos dos camiños son pouco lidos e ilustrados, máis son festeiros de sona que pregan á pagana Santa Ferreña bo calzado para o camiño:

Santa Ferreña dos Encontros de Música Tradicional de Carboeiro

 

Y cuando llueve leré,

calzo madreñas.

Suenan los clavos leré,

sobre las peñas,

sobre las peñas madre,

sobre las rocas,

y cuando llueve leré,

calzo galochas.

———–

O zoqueiro foi a misa

e non sabía rezar

andaba polos altares.

Hai zocos para remendar?

——

Ghastas zocos novos,

quen chos fixo, che?

Foi o meu amor,

xustiños ó pé.

 

Bibliografía: A paisaxe lendaria e toponímica do Concello de Silleda – IX Proxecto Didáctico Antonio Fraguas

Fotografías: Julio Balado, Fran Lareu

 

 

 

 

 

 

 

 

Advertisements
Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Bitácora dos Cómicos da Legua: Monforte de Lemos, 2 de outubro

Proxecto “Cómicos da Legua” beneficiario do programa O teu Xacobeo en Monforte de Lemos.

Seica este lugar se chama Monforte de Lemos  polo menos desde 1204. Antes chamábase O Piño ou O Pino. O nome  de Monforte, de seguro que llo puxo Afonso IX (VIII de Galicia) por recordo dalgún Montfort francés ( do latín MONTEM FORTEM, ). Un nome gascón, pode que llo puxese en honra da estirpe materna da súa muller, Leonor, neta de Leonor de Aquitania.

Recolle a erudita * “ Monast(eri) de S(a)n Vecente de Monforte, q(ue) en otro tiempo se llamaba Pino”… ” Solía tener en el mismo Burgo de Pino

*María Luz Méndez das terras do Deza 

Imaxes  documentais  referentes ó topónimo

Chegados a estas terras, os cómicos pregan con esta ladaíña a santas e santos das súas parroquias que acomoden con  pousada, xantar e aplausos… a uns probes cómicos penitentes que van Camiño de Santiago para redimir a súa gula!

De Baamorto,  Da Parte, Da Penela, de Rozavales… a Santa María que nos traia regalías!

De Piñeira, De Bascós, o San Martiño que alixeiren os cartiños!

De Caneda,  o Santalla… que non atopemos cun canalla!

De Chao do Fabeiro o San Ramón….  abundante viño e xamón!

De Tor,  De Chavaga o San Xoán…  acompañado de viño, sardiña e pan!

De Distriz Santo André… que veña postre e café!

De Fiolleda San Cosmede… que nos regue a nosa sede!

De Gullade o Santo Acisclo… que viva a febra e o marisco!

De Guntín  a Santa Lucía… cunha boa papatoria abondaría!

De Marcelle o  San Miguel… que corra o viño a granel!

De Reigada, de Moreda,  de Seoane o San Salvador… levádenos xa po comedor!

Das Nocedas, o Santo Estevo… Por Santiago, que fame levo!

De Valverde, de Sindrán e das Ribas Altas o San Pedro… traia pans coma penedos!

De San Xillao de Tor o San Xillao… que saboroso bacallao!

De Santa Mariña do Monte, a Santa Mariña … chega ó fin esta ladaíña!

De Vilamarín o San Fiz  para  rematar nunha sesta feliz!

Da Vide,  o San Cibrao… Amén!, rematado!

 

Estes famentos cómicos souperon de lendas e feitos que recolleron para levalas  daquí paralá,  desde as terras de Lemos ata o confín e moito máis para ser coñecidas polas almas piadosas.

Os tres demiños

Un veciño de Monforte, que vivía na rúa de Remberde, ten un fillo que padece do mal, danlle mareos, que lle fan perder á vista e ós ouvidos, unhas veces  e outras menos. Polo maxín do rapaz cruzan cabezas de monstros que baten campás, que berran. O pai buscalle remedio no  seu amigo Bonifacio, que lle dí:

— O enfermo non corre perigo nin moito menos; ten  no corpo tres demiños, pero eu sacareillos, se non o teu fillo morrerá, e os demos levarano para o inferno. 

Aceptou o pai, o remedio de Bonifacio que practicaron diante das xentes da cidade, pretoda capela de San Lázaro.

Os cómicos dicimos verdade pero as crónicas din moita máis:

“Reuniéronse a las once de la noche el tío Bonifacio, y el padre del enfermo y este, provistos de una estola cada uno, facilitada por el sacristán de las monjas, llevando un clavo, un martillo, una vela, tres pedazos de pan, tres sorbos de vino, varios escapularios, rosarios y medallas. Dio principio el acto, comiendo cada uno el correspondiente pedazo de pan y bebiendo su vino, encendieron la vela, colocaron al muchacho todos los escapularios, rosarios y medallas, pusiéronse ellos las estolas, dejaron la vela encendida sobre la mesa y rompieron la marcha hacia la capilla de San Lázaro a las doce menos cuarto para estar allí a la media noche en punto.

Marcharon los tres procesionalmente: al llegar a la puerta, el exorcista dio tres golpes, recitó algunas oraciones originales, y dieron nueve vueltas alrededor de la capilla; terminadas estas, el tío Bonifacio preparó el martillo e introdujo el clavo en la puerta con tres fuertes golpes, clavo que el embrujado tenía que arrancar con los dientes. Si lo extraía huirían los demonios; si no, quedarían dentro mortificándole.

Terminados estos ejercicios, que duraban hasta la una, se retiraban a su casa, y si encontraban la vela apagada era que los diablos querían volver a penetrar en su cuerpo, y, si encendida, que pugnaban por salir.

Después de esto sentábanse a la mesa y comían desde la una y media hasta las tres de la madrugada que el exorcista, bien alimentado, se retiraba a descansar para repetir al siguiente día los ejercicios.

Todo esto se hizo en cada uno de los días 2, 3 y 4 del que rige, hasta que la prohibición del señor alcalde vino a poner término a esta farsa, bajo prevención de que si continuaban con esa práctica, irían a parar á la cárcel.

A coroa de ferro ardente

No antigo claustro do convento de San Francisco de Lugo,  pode verse sobre a tapa dun sartego (do s. XVI aparecido na praza da igrexa de Santa María a Real da Régoa)  que a representación da figura de Frei Andrés Pardo, quen fora abade entre 1509 e 1512 de San Vicente do Pino, Monforte de Lemos, o protagonista dun suceso estarrecedor.

Cóntase que mentres o conde anda ocupado en guerras contra os mouros deixara na confianza do abade de San Vicente, mosteiro veciño da fortaleza dos Lemos, a súa muller e familia. Cando regresa cóntanlle que a súa esposa foi violada e morta polo abade e o conde idea unha vinganza refinada. Manda preparar un gran banquete e convida ao abade coma se non soubese nada do acontecido.

Na sobremesa o conde pronuncia un discurso solemne de agradecemento ao abade polos servizos prestados e comunícalle á concorrencia que decidiu agradecerllo impóndolle unha coroa. Manda que entre ao salón onde se celebra o banquete un ferreiro ao seu servizo, chamado Sona de Asva, quen porta sobre unha prata unha coroa de ferro ao roxo vivo.

A un sinal do conde, dous axudantes do ferreiro suspenden a coroa con tenazas e acomódana na cabeza do abade. O ferro queima e consume inmediatamente a súa cabeza, provocándolle tan grandes tormentos que nuns segundos, entre terribles berros, cae sen vida sobre o chan.

A cabeza do abade coroado aínda fumea cando o retiran da presencia dos comensais.

Cando o sartego estaba na Régoa dicíase que consideraban ao abade mártir e quen, estando enfermo dos oídos ou da gorxa, pasara por debaixo do sartego curaba desas doenzas.

San Brais, que tamén se venera en Monforte, en San Vicente, é avogoso para os males da gorxa e dos oídos.

Tras comer e beber, chegou o cantar e contar. Das terras de Lemos levamos, estos sucesos que recollerán os pregos de cordel desta renombrada compañía,  en tempos vindeiros.

Nota
Esta lenda conta con dúas versións diferentes en canto ao motivo aínda que con idéntico resultado: a que narramos, motivada polo comportamento deshonesto do abade coa muller do conde, e outra que tería a orixe nas loitas e rivalidades entre o abade de San Vicente do Pino e os condes de Lemos por asuntos de rendas e preeminencias. Tamén, segundo cal das versións se teña en conta, o abade leva por nome Diego García ou Andrés Pardo. Da ampla e variada fortuna literaria deste asunto destacamos textos como La corona de fuego, de B. Vicetto, ou La corona de fuego o el secreto de una tumba, da autoría de M. Amor Meilán, e o máis recente La leyenda de la corona de fuego de L. Moure Mariño.
BIBLIOGRAFÍA
  1. Miranda e A. Reigosa (2004): Arrepíos e outros medos. Historias galegas de fantasmas e de terror. Edicións Xerais de Galicia. Vigo.
Publicado en Uncategorized | Etiquetado , , , , , , , , | Deixar un comentario

Desde o altar. Novo videoclip de Ses en colaboración con Viravolta títeres

Xa está editado o último videoclip de Ses, o do tema Desde o altar, do seu último álbum Opoñerse a extinción.

A gravación, baixo a dirección de María Xosé Silvar (Ses) realizouse no Museo Galego da Marioneta, no Pazo de Liñares, en Lalín.

Da cámara e a edición de vídeo encargouse Carmen Rey, a construción das marionetas e a manipulación levámola a cabo desde Viravolta títeres.

A iluminación foi realizada por Iván Núñez e completou o equipo de gravación Elena Ferro e a xente de Cunde.gal

 

 

 

Imaxes  de como se fixo:

This slideshow requires JavaScript.

E este foi o resultado:

Publicado en Vídeos | Etiquetado , , | Deixar un comentario