Barriga Verde de Manuel María

cartel_barriga-verdemm

Farsa sobre o “asunto amoroso” en 3 tempos dunha moza casadeira A Moza, pretendida por O Galego e O Serrador onde as palabras están cargadas de dobre sentido. A resolución dos conflitos entre os personaxes é a xeito das farsas de títeres de cachaporra.

¡Esta pola moza!
¡Esta vai por min!
¡Pom!, ¡Pom!, ¡Pom!.
¡Pim!, ¡Pim!, ¡Pim!.

Barriga Verde publicouse por primeira vez en 1968, inspirada no teatro de guiñol do mesmo nome que a familia Silvent levaba polas feiras. O texto de Manuel María é unha elaboración culta dun tema popular á maneira de Lorca co Retablillo de Don Cristóbal, de Valle Inclán con Los Cuernos de Don Friolera ou Blanco Amor con Amor e crimes de Juan El Pantera.