Mesturando a tradición do títere galego coa europea, recollemos cinco situacións que Barriga Verde en compañía da súa cachiporra, resolve dun xeito que incomoda ao Demo ao ver o seu inferno cheo de personaxes que non lle son gratos.
Espectáculo baseado na investigación que a compañía fixo sobre a figura de Barriga Verde e o títere tradicional galego. Preséntase coma unha homenaxe ao Barriga Verde que a familia Silvent representou por Galicia na primeira metade do século XX
“ Morto o demo, acabouse a peseta”
Texto: Tradicional – Viravolta títeres
Monecos: Anxo García, Pilar Álvarez, Luis Iglesias
Manipulación: Pilar Álvarez, Xulio Balado, Anxo García
Interpretación musical: música tradicional interpretada en directo polos manipuladores