Os tres porquiños… (e o lobo)

Este espectáculo musical de rúa está inspirado no conto popular “Os tres porquiños”.

Os tres fermosos porquiños chegan á festa con cada un seu instrumento: un dos irmáns trae o bombo, outro o acordeón e o terceiro o tamboril. Pero non se poden despistar, teñen que estar pendentes do lobo gaiteiro, que sempre anda atrás deles, incluso os días de festa!

Para poder escapar do lobo necesitarán axuda do público, co que os tres porquiños interactuarán en todo momento.

Actores-Músicos:
Antonio Taboada: frauta, gaita
Carlos Quintá: Acordeón
Fran Lareu: Percusión
Marcos: Percusión

Vestiario: Carmen Rodriguez Mouriño
Construción de Cabezudos: Anxo García.
Dirección: Anxo García
Produción: Viravolta títeres

Advertisements