A frauta máxica

cartelfrauta

 

Adaptación da ópera de Mozart para marionetas, con música en directo.
Esta historia aconteceu nunha afastada rexión…Tan afastada que ninguén sería quen de situala nun mapa …

Esta é a historia do príncipe Tamino, de como adquiriu a sabedoría e conseguiu o amor da fermosa princesa Pamina.

A princesa, filla da Raíña da Noite, fora raptada polo malvado Sarastro e para salvala o príncipe contou coa axuda de Papagueno, un pillabán cazador de paxaros, e dunha frauta… que era máxica!

Pero ao final non todo é o que parece…

Texto: Viravolta títeres
Música: Mozart
Iluminación: Xulio Balado
Vestiario: Pilar Álvarez
Manipulación: Pilar Álvarez, Xulio Balado, Anxo García
Interpretación musical:
Beatriz Rodríguez (violín), Mariola Gil (clarinete), J. Manuel Yáñez (piano)

A Frauta máxica pódese representar tamén con banda de música ou outras agrupacións musicais aportadas pola entidade contratante.