Espectáculo de animación de rúa con cabezudos e música tradicional en directo.
Os famosos músicos de Bremen chegan á vila!
O burro, o can, o gato e o galo fixéronse amigos e banda fai moito, moi tempo. Coñecéronse camiño de Bremen, cando fuxían dos seus donos que os querían pasar polo coitelo por seren vellos.
Desde aquela, van de pobo en pobo coa súa música para facela festa.
Neste espectáculo de rúa mestúrase a música tradicional con accións teatrais e moita interacción co público.