A compañía

En 1982 Anxo García, Pilar Álvarez e Xulio Balado formamos a compañía Viravolta títeres,
viravoltaunha das máis antigas de Galicia. Na actualidade dispoñemos dun repertorio amplo con máis de 30 obras de diversos formatos: animacións de rúa, espectáculos de medio e gran formato, en moitos deles combinamos as marionetas coa música, de cámara ou tradicional.

 

Nos anos 90, dentro de Viravolta títeres, xurdiu outra l1201548compañía, Seisdedos, especializada en espectáculos de pequeno formato, adaptados a calquera espazo escénico e nos que marionetas e actores comparten escenario.

 

En 1998, con motivo do 15 aniversario da primeira estrea de Viravolta títeres, realizamos l1204285unha exposición conmemorativa no Museo Municipal Ramón María Aller de Lalín, na que amosamos monecos, escenografías, fotografías e demais materiais das montaxes realizadas. Esta exposición foi o punto de partida para a creación do Museo Galego da Marioneta, que conta con marionetas, atrezzo, carteis… e unha biblioteca especializada, unha das máis completas do estado.

Ademais da produción e distribución de espectáculos e da xestión do Museo Galego da Marioneta, realizamos outras actividades a través de Viravolta Enredos: obradoiros, cursos, exposicións, programacións (Titerentroido, Titirideza e Cantos e contos do Nadal… sempre relacionadas co mundo dos títeres.

 

Advertisements