O Arxina e o Felo

Garabullo e Mangarrias son dous afamados canteiros que entre picar e filosofar, e filosofar e picar cantan unha cantilena.

Escurria Purruncho!….. Purruncho escurria!…

E así aprendenlle os segredos do verbo dos arxinas ao seu morrón Faxurdín.

Un demo burlón que escoitou o cantar para facerse coas súas volandinas encoméndalles a construcción dunha fermosa ponte.

Neste espectáculo trátase de recuperar palabras e expresións do “latín dos canteiros”. Lingua particular utilizada polo gremio dos canteiros en Galiza que a través dunha linguaxe críptica transmitían de xeración en xeración os segredos de tallar a pedra.

 

 

Para saber máis dos canteiros

Advertisements